O Acevo - A Proba de Burón
Camiño Primitivo
- Alto do Acevo
- Fonfría
- Paradanova
- San Xoán do Padrón
- Hospital de Montouto
- Paradavella
- A Degolada
- A Lastra
- A Fontaneira
- O Cádavo
- Vilalle
- Castroverde
- Santa María de Gondar
- Carballido
- Lugo
- San Vicente do Burgo
- San Romao da Retorta
- Augas Santas
- Vilouriz
- Vilamor
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
- Alto do Acevo
- Fonfría
- Paradanova
- A Proba de Burón
- Hospital de Montouto
- Paradavella
- A Degolada
- A Lastra
- A Fontaneira
- O Cádavo
- Vilalle
- Castroverde
- Santa María de Gondar
- Carballido
- Lugo
- San Vicente do Burgo
- San Romao da Retorta
- Augas Santas
- Vilouriz
- Vilamor
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Alto do Acevo-Paradavella
Un lugar fermoso, de neves nas estacións duras e de exuberante vexetación con marcados contrastes durante os meses benignos. Fonfría e o seu manancial de auga fresca acóllennos ao comezo.
Alto do Acevo- Fonfría
O Camiño Primitivo entra en Galicia polo porto de montaña do Acevo (1.030 m). Un fermoso lugar, de neves nas estacións duras e de exuberante vexetación con marcados contrastes durante os meses benignos. Desde aquí quedan 171 km a Santiago. Fonfría e o seu manancial de auga fresca acóllennos ao comezo.
Alto do Acevo - Fonfría
Fonfría- Paradanova
Neste lugar funcionou un importante hospital de peregrinos pertencente á encomenda de San Xoán de Paradanova que aínda estaba operativo nos albores do século XX. Pasamos por Barbeitos e logo Paradanova, onde a ruta ofrece dúas alternativas: unha por San Xoán do Padrón e outra pola Proba de Burón.
Fonfría - Paradanova
Paradanova- A Proba de Burón
En Paradanova, xunto á capela de Santa Cruz, a ruta xacobea divídese cara ao norte, polo itinerario orixinario que se dirixe ao val de Burón, ou de fronte, subindo cara á capital municipal da Fonsagrada.
Desde Paradanova, pasando pola Carballeira da Costa e pola popular Fonte da Pousa, a vía primitiva entra na Proba de Burón. Foi un dos núcleos medievais máis significativos no camiño de Oviedo a Santiago de Galicia, unha "proba" con categoría de vila que tamén ostentaría a capitalidade do concello de Burón ata 1835, en que se desprazou á Fonsagrada.
Paradanova - A Proba de Burón
A Proba de Burón- Hospital de Montouto
Á saída da Proba de Burón, o camiño continúa polos altos cumios do Muradal, comezando o descenso ao pasar polo Hospital Vello de Montouto, que marca a maior inflexión orográfica nesta verea.
A entrada ao recinto de Montouto Vello –con gran tradición xacobea– faise polo menhir de Pedra Labrada. Aquí conflúen as dúas vías alternativas: a de Burón e a da Fonsagrada.
A Proba de Burón - Hospital de Montouto
Hospital de Montouto- Paradavella
Desde Montouto, a ruta continúa ata a xenuína localidade de Paradavella, onde destacan as pallozas, antigas vivendas campesiñas.