Camiño Primitivo

Etapa: Alto do Acevo-Paradavella

  • Lonxitude 24,6 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 4h 55min
  • Escoita o percorrido da etapa

Un lugar fermoso, de neves nas estacións duras e de exuberante vexetación con marcados contrastes durante os meses benignos. Fonfría e o seu manancial de auga fresca acóllennos ao comezo.

Alto do Acevo- Fonfría

  • Lonxitude 4,9 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 00min

O Camiño Primitivo entra en Galicia polo porto de montaña do Acevo (1.030 m). Un fermoso lugar, de neves nas estacións duras e de exuberante vexetación con marcados contrastes durante os meses benignos. Desde aquí quedan 171 km a Santiago. Fonfría e o seu manancial de auga fresca acóllennos ao comezo.

Alto do Acevo - Fonfría

Fonfría- Paradanova

  • Lonxitude 5,8 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 10min

Neste lugar funcionou un importante hospital de peregrinos pertencente á encomenda de San Xoán de Paradanova que aínda estaba operativo nos albores do século XX. Pasamos por Barbeitos e logo Paradanova, onde a ruta ofrece dúas alternativas: unha por San Xoán do Padrón e outra pola Proba de Burón.

Paradanova- San Xoán do Padrón

  • Lonxitude 3 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 35min

Na primeira alternativa visitamos a “fonte sacra”, situada no centro urbano da Fonsagrada e vinculada á tradición xacobea por un milagre do apóstolo Santiago. Desde aquí seguimos pola localidade de San Xoán do Padrón.

Paradanova - San Xoán do Padrón

San Xoán do Padrón- Hospital de Montouto

  • Lonxitude 7,1 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 25min

Continuamos ata alcanzar o lugar de Montouto, onde converxen as dúas rutas. A alternativa á Fonsagrada pasa, como diciamos, pola Proba de Burón. A súa torre medieval é o último vestixio da antiga fortaleza do conde de Altamira, obxecto dos ataques irmandiños, no século XV, que supuxeron unha verdadeira revolta social contra os nobres.

San Xoán do Padrón - Hospital de Montouto

Hospital de Montouto- Paradavella

  • Lonxitude 3,7 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 45min

Desde Montouto, a ruta continúa ata a xenuína localidade de Paradavella, onde destacan as pallozas, antigas vivendas campesiñas.

Hospital de Montouto - Paradavella