Arzúa - Arca
Camiño do Norte
- Ribadeo
- Vilela
- A Ponte
- Vilamartín Pequeno
- Gondán
- Lourenzá
- San Pedro da Torre
- Mondoñedo
- Abadín
- Martiñán
- Goiriz
- Vilalba
- Ponte de Sa
- Baamonde
- Digañe
- Miraz
- A Roxica
- O Marco das Pías
- Guitizá
- Sobrado dos Monxes
- As Corredoiras
- Sendelle
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Arzúa - Arca
Neste tramo, o Camiño intérnase de novo entre prados, carballos e eucaliptos que rodean pequenas aldeas, algunhas con topónimos de resonancia xacobea: A Calzada, A Calle, Ferreiros, A Salceda, A Brea, Santa Irene e a Rúa, esta xa ás portas de Arca, capital do municipio do Pino, o último antes de Santiago.
Arzúa- A Salceda
Saímos da vila de Arzúa pola rúa do Carme. Nesta etapa alternaremos a paisaxe de bosques e prados (carballos, eucaliptos, árbores froiteiras e campos de labranza) con tramos polo asfalto da estrada nacional 547.
Convén prestarlles unha especial atención aos vehículos, pois teremos que cruzar varias veces pola calzada.
Cruzamos os ríos Vello e Brandeso e logo aldeas como Preguntoño, A Peroxa, algunhas con resonancia xacobea como A Calzada, A Rúa, Ferreiros (de novo a referencia ao vello oficio dos que, entre outras funcións, arranxaban as ferraduras dos cabalos) ou A Salceda.
Arzúa - A Salceda
A Salceda- Santa Irene
Desde A Salceda partimos en dirección a Santa Irene, onde hai albergue de peregrinos. Este tramo continúa, do mesmo xeito ca toda esta etapa, practicamente chairo.
Salceda - Santa Irene
Santa Irene- Arca, O Pino
Chegamos á Rúa, xa ás portas de Arca, capital do municipio do Pino, o último concello antes de Santiago. O Pedrouzo é o núcleo principal da parroquia de Arca.
En toda a etapa atoparemos bares ou tabernas onde tomar algo e tamén fontes para refrescarnos.