Fogos do Apóstolo na noite do 24 de xullo
O ano santo compostelán
En que consiste e cal é a súa historia
En Santiago de Compostela celébrase o ano xubilar cada vez que o 25 de xullo, día de Santiago o Maior, coincide en domingo.

En Santiago de Compostela celébrase o ano xubilar cada vez que o 25 de xullo, día de Santiago o Maior, coincide en domingo. Acontece cunha secuencia temporal de seis, cinco, seis e once anos. Inaugúrase coa apertura da Porta Santa a tarde do 31 de decembro do ano anterior. Como un símbolo da dureza do Camiño, o arcebispo de Santiago golpea cun martelo de prata tres veces desde o exterior o muro que tapia este acceso. A Porta permanecerá aberta os seguintes doce meses e será o acceso que tradicionalmente utilizarán os peregrinos para entrar no templo.
A creación do ano santo en Santiago remóntase ao século XV. Crese que o primeiro da historia puido ser o xubileu de 1428, ou quizais o de 1434, ambos convocados polo arcebispo don Lope de Mendoza. O vindeiro ano santo será en 2021
A creación do ano santo en Santiago remóntase ao século XV. Crese que o primeiro da historia puido ser o xubileu de 1428, ou quizais o de 1434, ambos convocados polo arcebispo don Lope de Mendoza.
No entanto, antes da oficialización do ano santo compostelán, durante a Idade Media os peregrinos podían obter numerosas indulxencias en Santiago, outorgadas pola Igrexa compostelá en representación do apóstolo, avogado dos seus peregrinos ante o Supremo Xuíz. As indulxencias son beneficios espirituais para o propio peregrino ou para unha persoa enferma ou defunta a quen representa.
A partir da creación do ano santo, tamén podían obter a mesma graza os peregrinos que, nun ano normal, visitasen a catedral o 25 de xullo, festa da Paixón de Santiago; na festa da Dedicación da catedral, cada 21 de abril; ou ben na festa da Translación do corpo do apóstolo a Galicia, cada 30 de decembro. Era así como se rebaixaba a presión que podía provocar a concentración de peregrinos nun só día do verán, o 25 de xullo, convocando tamén os peregrinos na primavera e no inverno.
O últimos catro anos santos foron 1993, 1999, 2004 e 2010. E será no ano 2021 cando o 25 de xullo volva coincidir en domingo.
O xubileu e como gañalo
Gañar o xubileu é obter a indulxencia plenaria ou o perdón dos pecados que concede a Igrexa

Durante todo o ano santo, os peregrinos que o desexen poden obter a indulxencia plenaria (perdón dos pecados) calquera día. Gañar a indulxencia plenaria é o que se coñece como gañar o xubileu. Para iso, os peregrinos deberán cumprir unha serie de preceptos que indica a Igrexa, como visitar a catedral de Santiago e ademais orar e recibir os sacramentos da penitencia (confesión) e da comuñón.