Os exercicios de quentamento e de estiramento muscular han de ser constantes mentres se está a facer a ruta
Consellos e recomendacións para o Camiño
Debes prepararte previamente antes de iniciar o Camiño de Santiago. Realiza camiñadas as semanas previas, adestramentos que irás aumentando gradualmente en tempo e en dificultade.
- Planifica as etapas e a forma de facelas de xeito personalizado. Que o Camiño se adapte ás túas capacidades físicas e aos teus obxectivos. Dosifica o esforzo e sigue o teu propio ritmo. O Camiño non é unha carreira. Tan importante é o traxecto como a meta.
- Os exercicios de quentamento e de estiramento muscular han de ser constantes mentres se está a facer a ruta. Prestalles especial atención aos xemelgos.
- Se fas o Camiño en bicicleta, procura facer etapas de entre 60 e 100 km. Procura ir acompañado e ten especial coidado co tráfico e cos peregrinos que van a pé. A época ideal para facelo é a comezos de setembro, xa que o clima resulta agradable e os días son aínda longos.
- O calzado ha de estar xa usado e adaptado ao pé; non leves un calzado novo. O mellor é utilizar botas de trekking ou de montaña, e preferiblemente con sola dura. Leva, ademais, sandalias ou chancletas para os momentos de descanso.
- A mochila debe adaptarse ao contorno das costas para que poidamos manter unha postura corporal correcta. O peso debe ir próximo ao eixe do corpo. Leva o básico e imprescindible e non pases dos 10 kg.
- Xeonllos, tendóns e pés son os nosos puntos débiles; escordaduras ou tendinites, as lesións máis frecuentes, que deberás coidar xa desde o principio (con algún analxésico para a dor, pomadas antiinflamatorias, vendaxes compresivas ou masaxes).
- É fundamental levar uns calcetíns axeitados, preferentemente de algodón e sen costuras. Se usas botas, leva outro par de calcetíns de la. E mantenos sempre limpos.
- Non esquezas incorporar unha pequena caixa de primeiros auxilios co indispensable para o coidado dos pés e a protección da pel (agullas hipodérmicas, apósitos de xelatina, apósitos, vendas, unhas tesoiras pequenas, crema solar e hidratante).
- A alimentación debe ser lixeira, con achegas importantes de hidratos de carbono. E é fundamental manterse hidratado, para o que debes tomar líquidos antes, durante e despois da camiñada. Has de inxerir ao redor de dous litros de auga ao día.
- Non fagas o Camiño de noite. Nin antes do amencer nin despois da posta de sol. A ruta está trazada e sinalizada para camiñar coa luz do día.
- Galicia es una tierra húmeda, fértil, con lluvias durante buena parte del año. Es un atractivo que nutre y da esplendor al paisaje, y también un condicionante que debemos prever. Las temperaturas nunca serán extremas: oscilan entre los 25 y 30 grados en las jornadas estivales de más calor (julio y agosto), y los 0-5 grados de mínimas en zonas puntuales de interior y montaña.
- Ante calquera emerxencia, podes chamar ao número 112. É gratuíto e funciona as 24 horas, todos os días do ano. Atende calquera demanda de urxencia ou emerxencia.
E unha última recomendación: non tires nada ao Camiño. Hai colectores en cada vila para depositar os desperdicios. Coida esta ruta milenaria que se estende ante ti, e protéxea.