Camiño Inglés

Etapa: Neda - Miño

  • Lonxitude 22,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 35min
  • Escoita o percorrido da etapa

Miño é unha acolledora vila costeira que nos meses do verán incrementa notablemente a súa poboación. Próximo ao mar sitúase o albergue de peregrinos.

Neda- Fene

  • Lonxitude 3,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 55min

Deixamos atrás Neda para continuar polo Regueiro, O Puntal de Arriba e Conces, ata entrar en Fene, municipio industrial que se fixo famoso por acoller os estaleiros de Astano, o acrónimo de Astilleros y Talleres del Noroeste. O seu enorme guindastre personalizou a paisaxe desta comarca.

Fene- Cabanas

  • Lonxitude 7,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 50min

Saímos da vila e a ruta enlaza co Camiño Real. Rodeamos o parque empresarial de Vilar do Colo, e algo máis adiante, Cabanas.

 

Cabanas- Pontedeume

  • Lonxitude 1,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 30min

Cabanas sitúase en pleno estuario do Eume. A praia da Madalena bríndanos a oportunidade dun descanso ou dun baño estival antes de continuarmos polo paseo marítimo, cruzar a ponte e entrar en Pontedeume, importante enclave no Camiño que foi fundado en 1270 polo rei Afonso X.

Pontedeume- Miño

  • Lonxitude 9,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 20min

Desde Pontedeume, a ruta continúa polo Barro, As Pedridas, Cermuzo, A Xesta, Buíña, e pasa polos lugares de Viadeiro e Bañobre. Cruzamos pola ponte medieval do río Baxoi, dun só arco, e entramos na localidade de Miño por un camiño real que nos conduce ata a praza do Mercado. Miño é unha acolledora vila costeira que nos meses do verán incrementa notablemente a súa poboación. Próximo ao mar sitúase o albergue de peregrinos.