Vista aérea de Betanzos
Camiño Inglés
Etapa: Miño - Bruma
Camiñamos por terreo chan antes de baixar a Betanzos, nun tramo con boas panorámicas da ría de Betanzos e das súas marismas.
Miño- Betanzos
Deixamos Miño pola Rúa Real ata a estación de ferrocarril. Cruzamos a vía e chegamos á Ponte do Porco. Logo internarémonos en zona de monte, río arriba seguindo o curso do Lambre. Nas inmediacións, o pazo de Montecelo e a igrexa de San Pantaleón das Viñas. Ímonos aproximando a Betanzos, nun tramo con boas panorámicas da ría e das súas marismas. Pasamos pola aldea de Gas e, máis adiante, A Rúa, San Martiño de Tiobre e o pazo do Barral. Continuamos en descenso ata O Sabugueiro e logo ata o santuario da Nosa Señora do Camiño. Cruzamos o río Mandeo pola Ponte Vella e entramos en Betanzos polo arco da Ponte Vella, resto da muralla medieval.
Miño - Betanzos
Betanzos- Leiro
Betanzos foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia e hoxe presenta un dos conxuntos histórico-artísticos máis monumentais da comunidade. Pola Rúa Prateiros chegaremos á Praza central dos Irmáns García Naveira. Saímos pola ponte das Cascas e pasamos polo Coto, Campoeiro e Xanrozo, para entrar no municipio de Abegondo.