Etapa: Portomarín-Palas de Rei
Camiño Francés
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Xil
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Cristovo do Real
- Samos
- Pascais
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Portomarín - Palas de Rei
Desde a aldea de Gonzar, o camiño continúa por Castromaior e Ligonde, cuxo hospital acolleu o emperador Carlos I e o seu fillo Filipe II, os máis coñecidos peregrinos do século XVI.
Inmediatamente despois, a ruta intérnase en terras do municipio de Palas de Rei, que lle debe o seu nome a un suposto palacio real construído nas súas inmediacións.
Portomarín- Gonzar
Sáese de Portomarín cruzando o encoro por unha ponte para viandantes.
A partir de aí empeza unha subida bastante intensa, seguindo o curso da estrada ata chegar a Gonzar, coa súa igrexa e o seu albergue, situado ao pé do Camiño.
Portomarín - Gonzar
Gonzar- Vendas de Narón
Desde Gonzar séguese ata Castromaior, coñecido pola súa igrexa románica, situada á beira dun pequeno arroio e próxima aos restos dun antigo castro.
Continúa logo cara ao Hospital, cruza unha ponte sobre a estrada xeral e desemboca nunha vía comarcal de camiño a Vendas de Narón.
Gonzar - Vendas de Narón
Vendas de Narón- A Eirexe
Continuamos pola Previsa e Os Lameiros, onde está a pequena capela de San Marcos, entre carballos centenarios.
A continuación chegamos a Ligonde, onde hai algúns restos históricos pero moi poucos servizos, que si están dispoñibles no seguinte núcleo, A Eirexe, onde se atopa o albergue. En Ligonde hai que salientar o seu cemiterio, no que os nichos están orientados cara á estrada, cubrindo de flores a estreita beiravía.
Vendas de Naron - A Eirexe
A Eirexe- Lestedo
O camiño continúa pasando por diferentes aldeas, entre as que destaca un albergue con cortellos para cabalos, entre Portos e Lestedo.
Neste tramo, afastado do camiño, atópase o templo románico de Vilar de Donas, un antigo priorado da Orde de Santiago.
A Eirexe - Lestedo
Lestedo- Palas de Rei
Segue a ruta ata A Brea, onde se desvía durante un pequeno tramo por un camiño que se une máis tarde á estrada xeral, que seguirá, ata xusto antes de entrar en Palas de Rei, pola súa área recreativa, Os Chacotes, onde está situado o Pavillón de Peregrinos.
Séguese ata o centro urbano de Palas de Rei e pásase pola igrexa de San Tirso. O albergue está xusto enfronte do Concello, na rúa principal, e pasa moi desapercibido. Diante temos unha cabina telefónica e numerosos servizos próximos.