Etapa Melide - Arzúa
Camiño Francés
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Xil
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Cristovo do Real
- Samos
- Pascais
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Melide - Arzúa
Despois de Melide, o Camiño pasa por Boente e Castañeda para chegar logo a Arzúa, vila queixeira que conta cunha importante oferta de turismo rural e activo, especialmente nas proximidades do encoro de Portodemouros.
Melide- Boente
O Camiño preséntase nesta etapa dócil e en moi bo estado, a través de sendas de terra e pedra, así como pequenas estradas ou pistas asfaltadas entre vilas, con suaves ascensos e descensos, que alternan con tramos chairos.
Melide - Boente
Boente- Ribadiso
En Boente atopamos unha fonte de catro canos e un cruceiro, separados da igrexa pola estrada xeral.
Desde alí chégase a Ribadiso por unha ponte sobre o río Iso, xunto ao que está o albergue, un dos máis bonitos do Camiño Francés, composto de varias casiñas rehabilitadas, con lareira ou cociña tradicional no comedor e cun amplo xardín con escaleiras directas ao río, onde se bañan os peregrinos no verán.
Boente - Ribadiso
Ribadiso- Arzúa
Despois de Ribadiso, o Camiño discorre pola estrada ata chegar a Arzúa, a terra do queixo por excelencia.
Arzúa é unha vila con todos os servizos para os peregrinos, lugares onde comer e durmir, bancos, centro de saúde, farmacia, supermercados e tendas. O albergue está situado xusto á beira da capela da Madalena, que se abre eventualmente como sala de exposicións. Xusto en diagonal con esta, atopámonos coa igrexa de Santiago.