Etapa Arzúa - Arca (O Pino)
Camiño Francés
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Xil
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca (O Pino)
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Cristovo do Real
- Samos
- Pascais
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca (O Pino)
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Arzúa - Arca (O Pino)
Neste tramo, o Camiño intérnase entre prados, carballos e eucaliptos que rodean pequenas aldeas, algunhas con topónimos de resonancia xacobea: A Calzada, A Calle, Ferreiros, A Salceda, A Brea, Santa Irene e a Rúa, esta xa ás portas de Arca, capital do municipio do Pino, o último antes de Santiago.
Arzúa - A Salceda
Saímos da vila de Arzúa pola rúa do Carme. Nesta etapa alternaremos a paisaxe de bosques e prados (carballos, eucaliptos, árbores froiteiras e campos de labranza) con tramos polo asfalto da estrada nacional 547.
Convén prestarlles unha especial atención aos vehículos, pois teremos que cruzar varias veces pola calzada.
Cruzamos o río Raído e logo varias aldeas —Cortobe, As Pereiriñas, A Taberna—, algunhas con resonancia xacobea como A Calzada, A Rúa, Ferreiros (de novo a referencia ao vello oficio dos que, entre outras funcións, arranxaban as ferraduras dos cabalos) ou A Salceda.
Arzúa - A Salceda
A Salceda- Santa Irene
Desde A Salceda partimos en dirección a Santa Irene, onde hai albergue de peregrinos. Este tramo continúa, do mesmo xeito ca toda esta etapa, practicamente chairo.