Preguntas máis frecuentes sobre a acollida na rede pública de albergues
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten habilitado un número de teléfono, o 881 002 021, para as persoas que acudan a Galicia procedentes doutros lugares e presenten sintomatoloxía da covid-19. Nel poderán recibir as instrucións precisas de maneira telefónica.
Contan con cartelería informativa coas principais normas e recomendacións contra a covid-19 así como materiais de protección como xeles e solucións desinfectantes, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas, entre outros. Ademais están inutilizadas as prazas que non serán ocupadas e dispoñen de sinalización indicativa para garantir as distancias nas zonas de uso compartido, restrinxíndose o uso de servizos comúns.
A lexislación vixente indica que é obrigatorio o uso de máscara en todos os espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público e se pode concorrer no mesmo espazo con outras persoas usuarias. Sempre, a excepción de que poida permanecer sentado e os titulares do albergue adoptan medidas que garantan en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas usuarias. Por isto nun albergue é obrigatorio o uso da máscara excepto no suposto indicado. Ademais, asimílase esta situación de estar sentado, a estar tumbado na cama. Non obstante na habitación de uso compartido deberase utilizar a máscara exceptuando o momento de estar xa tumbado/sentado na cama.
Os albergues privados poden habilitar ata o 75% da súa capacidade, mentres que os albergues públicos manteñen unha capacidade máxima do 50% co obxectivo de favorecer a reapertura dos establecementos privados, especialmente afectados ao permaneceren máis de tres meses pechados.
Pódese efectuar reservas a través da web https://alberguesxacobeo.gal, o que non impedirá a posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar ao albergue, sempre e cando dispoña de capacidade. Así pois, os peregrinos que o desexen poden reservar cama desde as 13:00 horas do día anterior ata as 13,00 horas do día da pernoita. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen, facéndoo así compatible a reserva previa co espírito máis tradicional da hospitalidade xacobea.
Si. Trátase de lencería dun só uso. Unha vez entregada, debes encargarte de colocala, desta maneira garántese que ninguén, nin sequera os traballadores do albergue, tocan a lencería de cama de cada usuario. Tamén deberás encargarte de retirala antes de deixar o albergues nos espazos establecidos con ese fin. Os peregrinos faranse cargo das botas, mochilas e outros elementos de uso persoal. En caso necesario facilitaranse bolsas para gardar as pertenzas.
Tras cada día de uso, lévase a cabo a limpeza e desinfección do cuarto e do mobiliario. No caso de dormitorios de uso compartido, as camas dispóñense respectando a distancia de seguridade. Con esta finalidade, inutilizáronse de maneira previa unha serie de prazas que non poden ser empregadas.
A capacidade de cada un dos espazos de uso compartido do albergue (cuartos, aseos, comedor, etc.) é a adecuada para que as persoas poidan preservar a distancia de seguridade.
As cociñas dos albergues públicos en Galicia dispoñen unicamente de neveira e microondas, pero neste momento estes servizos permanecen clausurados. Non obstante, en caso de necesidade atenderanse peticións individualizadas por parte dos albergueiros, tales como o mantemento dun medicamento na neveira.
Ademais, dunha limpeza e desinfección frecuente, dispoñen de dispensadores de xel e papel de secado. Así mesmo, prohíbese o uso de toallas ou calquera outro elemento de uso compartido. Tampouco se dispón de alfombras nas duchas. Debe empregarse un calzado adecuado para zonas de baño para evitar o contacto co chan e así minimizar o risco de contaxio por contacto co virus.
Nos albergues que dispoñan de ascensor debe realizarse un uso individualizado deste agás que se trate de unidades familiares. En calquera caso, recoméndase aos usuarios o uso de escaleiras se non é imprescindible. Agás no caso de persoas que precisen asistencia, que son as usuarias prioritarias do ascenso.