Camiño Seguro
Información para peregrinos
No actual contexto sanitario, a Xunta de Galicia está realizando unha reapertura dos albergues públicos dun xeito gradual e adaptado ás medidas contra a covid-19. Desde o Goberno galego facilitouse aos establecementos de recursos que doten de seguridade aos peregrinos a través de cartelería informativa con recomendacións e materiais de protección como xeles e solucións desinfectantes, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas, entre outras.

Ademais, coa intención de ofrecer maiores garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario, a Xunta de Galicia pon en marcha
https://alberguesxacobeo.gal unha plataforma online para reservar praza nos albergues públicos do Camiño de Santiago.
A través dela os usuarios teñen acceso a un buscador con todos os establecementos da rede pública mediante o cal poden efectuar a súa reserva e no que tamén é posible localizar os albergues en función da ruta na que estean situados
O sistema facilita as reservas desde o día anterior ata as 13:00 horas do día de pernoita.
O sistema facilita as reservas desde o día anterior ata as 13,00 horas do día de pernoita, o que convivirá coa posibilidade de obter praza ao chegar ao establecemento sempre que este dispoña de capacidade, facendo así compatible este sistema co espírito máis tradicional de acollida xacobea. Ademais, a través desta plataforma é posible realizar reservas para grupos de ata cinco persoas. Non é preciso rexistrarse, aínda que esta aberta esta opción para axilizar o proceso.