Nun momento impreciso da década de 820-830 prodúcese o descubrimento da tumba de Santiago o Maior. No noroeste peninsular (Reino de Asturias) reina Afonso II. El é o primeiro gran valedor. Criouse no mosteiro de Samos e recibe con entusiasmo a noticia que lle transmite o bispo de Iria, Teodomiro.
A época de ouro das peregrinacións sitúase nos séculos XII e XIII: Francia, Italia, o centro e o leste de Europa, Inglaterra, Alemaña, mesmo Islandia. E, por suposto, toda a Hispania. Chegaban a pé, a cabalo, en barco…
A peregrinación convértese na columna vertebral de Europa
As igrexas románicas, as catedrais góticas, a lírica medieval das cantigas ou a épica das cancións de xesta xurdían ao pé do Camiño. Desempeña desde a Idade Media un papel clave no desenvolvemento das diferentes culturas que integran a identidade europea.
O ano xubilar celébrase cada vez que o 25 de xullo coincide en domingo
A creación do ano santo en Santiago remóntase ao século XV. Crese que o primeiro da historia puido ser o xubileu de 1428, ou quizais o de 1434, ambos convocados polo arcebispo don Lope de Mendoza. O próximo ano santo será en 2021.