Santuario da Virxe da Barca, en Muxía
Camiño de Fisterra e Muxía
Esta ruta xacobea ten a súa orixe na cidade de Santiago e a súa meta no cabo Fisterra e no Santuario da Virxe da Barca de Muxía.
Muxía-Fisterra:
Fisterra-Muxía:
Camiño de Fisterra e Muxía
Ata o final da Idade Media, a Costa da Morte era o último reduto de terra coñecida. O lugar polo que os pobos prerromanos crían que as almas ascendían ao ceo. Un espazo mítico e simbólico que deixaría pampos os conquistadores romanos cando viron desaparecer o sol detrás do inmenso océano. Desde entón, o extremo do cabo de Fisterra magnetiza por igual a cada visitante.
A ruta xacobea de Fisterra e Muxía é o reflexo máis fiel dese histórico berro do peregrino, que exclama “Ultreia!" (que significa “imos máis alá!”), mentres que outro lle responde “Et suseia!” (que significa “e imos máis arriba!”). Pois é efectivamente máis alá da meta en Compostela —despois de prostrarse ante os restos do apóstolo Santiago— cando moitos peregrinos deciden coñecer esta “fin do mundo”, e non dubidan en superar os sacrificios das duras xornadas pasadas para camiñar agora, polo menos, catro ou cinco días máis. Son 89 os quilómetros que quedan para chegar a Fisterra e 87 a Muxía.
Trazado da ruta e recursos de interese
A ruta xacobea de Fisterra e Muxía é o reflexo máis fiel dese histórico berro do peregrino, que exclama: “Ultreia!" (que significa “imos máis alá!”), mentres que outro lle responde: “Et suseia!” (que significa “e imos máis arriba!”).
A historia desta ruta foi unha mestura de paganismo e posterior proceso de cristianización. A partir do século XII, o Códice Calixtino xa vincula este Camiño coa tradición xacobea. Ademais, dúas das devocións relixiosas máis populares de Galicia teñen en Fisterra e Muxía a súa sede: o Santo Cristo de Fisterra—do que o licenciado Molina, no século XVI, afirma que “acoden a el os máis romeus que veñen ao Apóstolo”— e o santuario da Virxe da Barca de Muxía.
O dobre topónimo do Camiño —Fisterra e Muxía— indícanos que son dous os destinos últimos deste final despois da meta. No lugar de Olveiroa, o Camiño bifúrcase: podemos chegar primeiro a Fisterra a través de Corcubión, ou ben a Muxía. Sexa cal for a nosa decisión, é obrigado camiñar logo entre as dúas vilas nun traxecto impresionante de luz e natureza na súa máxima expresión.
Atrás deixariamos unha belísima saída inicial de Santiago entre carballeiras centenarias e a canle do poético río Sarela. Logo, o paso pola vila de orixe medieval de Negreira ou a comarca gandeira do Xallas.
- Camiño de Fisterra e Muxía PDF / 4768 KB
- Albergues. Hostels PDF / 33046 KB
- Fisioterapia no Camiño PDF / 1401 KB
- Arquivo KML da ruta KML / 370 KB
- Guía de consellos do Camiño de Santiago (en castelán) PDF / 801 KB