Carga de puntos de interese en formato KML
1. Definición de KML
KML é un acrónimo inglés de Keyhole Markup Language. É unha linguaxe marcada baseada en XML para representar datos xeográficos en tres dimensións.
Desenvolvido para ser manexado con Keyhole LT, precursor de Google Earth, a información do KML pode ser comprimida en ficheiros KMZ e cada ficheiro contén unha descrición básica do lugar, coordenadas e algunha que outra información.
Se nun principio o KML estivo creado para ser visto en Google Earth, hoxe en día xa son varios programas e aplicacións web que permiten visualizar os KML. Entre elas destacar: Google Maps, Bing Maps..
Ademáis tamén existen programas que permiten a conversión do KML en outro formato, por exemplo:
GPSBabel www.gpsbabel.org
OziExplorer http://www.oziexplorer.com/
2. KML en Google Earth
2.1. Descarga e instalación de Google Earth
O Google Earth é un programa informático semellante a un Sistema de Información Xeográfica (SIX) que permite visualizar imaxes en 3D do planeta, combinando imáxenes de satélite, mapas e o motor de busca de Google
A descarga de Google Earth é gratuíta e pode descargarse da páxina web: http://earth.google.es/intl/es_es/download-earth.html
A instalación é moi sinxela, haberá que descargar o executable da páxina web e instalarase automáticamente o Google Earth.



2.2. Incorporación de ficheiros KML en Google Earth
A incorporación de ficheiros KML en Google Earth podese realizar de varias maneras:
- Unha das formas rápidas será incorporar os ficheiros KML a Google Earth directamente dende a descarga. Para isto no momento de descargar os ficheiros KML en vez de gardalos no PC pódense abrir directamente con Google Earth.

- Hai que ter en conta que neste proceso os ficheiros non estarán gardados no ordenador, para gardalos no programa premerase co botón dereito sobre o KML e seleccionarase gardar lugar como
- Outra maneira sería abrilos desde o propio programa.
- Para isto deberanse gardar os arquivos KML nun lugar localizable do ordenador. No menú principal da aplicación seleccionarase a pestana de arquivo e abrir.

- Buscarase o arquivo descargado en KML e abrirase.

- O resultado sería a visualización de todos os elementos seleccionados. Neste caso seleccionáronse todos os aloxamentos de Galicia.

2.3. Utilidades de Google Earth
Dito anteriormente, Google Earth é un programa similar a un sistema de información xeográfica, o que permite:
- Visualizar imaxes 3D. O usuario deberase mover polo mapa e clicar a opción de mirar alrededor

- Ademáis na parte inferior esquerda existen unha serie de capas, as cales poderán empregarse para engadir a capa inicial e aumentar a información xeográfica. Existen capas de diferentes temáticas (fronteiras administrativas, estradas, edificios 3D, ...) Unha da más empregadas son os lugares e o street view, que non son máis que imaxes panorámicas de distintos lugares.

- Na parte superior esquerda existe unha busca directa chamada Voar nela pódese atopar calquer lugar, zona, ciudade, nomes de KML de forma directa e rápida.

- Da mesma forma tamén se poden localizar negocios na pestana de buscar negocios.

- Outra das moitas opcións que se poderían realizar con Google Earth sería a de como chegar a un lugar, esta pestana tamén se situa na parte superior esquerda. Para realizar esta busca ou consulta necesitarase introducir un lugar de destino e outro de chegada. Por exemplo poderíase realizar unha busca dende Lugo ata A coruña. O resultado sería unha liña na cal se especifica o roteiro a seguir.

3. KML en Google Maps
3.1. Definición e URL
Google Maps é un servicio de Google que ofrece tecnoloxía cartográfica potente e moi sinxela de empregar, así como información sobre empresas locais (ubicación, información de contacto e indicacións sobre como chegar)..
A dirección URL do Google Maps é: http://maps.google.es/.
- Para introducir KML a Google Maps clicaráse sobre a pestana de os meus mapas:

- De seguido clicarase sobre a pestana de Introdución

- O seguinte paso será introducir a conta de gmail coa contraseña. Introducida a conta volverá a pantalla principal de Google Maps sobre a cal xa se poderá crear un novo mapa.

- Para incorporar o ficheiro KML, este deberá ser importado. Clic na pestana de Importar para posteriormente buscar o ficheiro descargado da páxina web de Turgalicia.


- Unha vez incorporado o ficheiro KML poderá escollerse o título do novo mapa na, así como realizar unha descrición.

- Para gardar o mapa clicaráse sobre o botón de Listo, tendo en conta a opción de privacidade (compartido con aquelas persoas que teñan esa URL do mapa).

4. Incorporar KML en Bing Maps
4.1. Definición e URL
Bing Maps é un servicio de mapas web para o motor de búsqueda Bing de Microsoft e que funciona con Bing Maps for Entrepise.
A URL de Bing Maps é: http://www.bing.com/maps/
4.2. Incorporar KML en Bing Maps
Para poder incorporar KML é necesario tener unha conta hotmail, a cal se pode rexistrar na páxina web: www.hotmail.com
- O primeiro paso será iniciar sesión na conta de hotmail, para isto será necesario ir a parte superior dereita sobre iniciar sesión.
- Unha vez introducida a conta de hotmail, clicaráse na parte inferior esquerda na pestaña de see your places
- Aparecerá unha nova ventá sobre a cal se debe importar o KML na pestana de Import

- Buscado o KML, este poderase visualizar na páxina web.

5. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPSBabel
O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.