A Xunta, galardoada cos premios internacionais Trifinium polo seu labor de fomento da Ruta Xacobea
- O conselleiro de Cultura e Turismo pon en valor o Camiño como “un encontro entre culturas e nacións, un traxecto que deu forma a Europa, a España e a Galicia”
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou este mediodía na entrega dos Premios Internacionais Trifinium Jacobeo 2015-2018 –organizados pola Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago–, nos que a Xunta de Galicia (a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo) resultou premiada polo seu labor de fomento da Ruta Xacobea.
Durante a súa intervención, o titular do departamento cultural da Xunta de Galicia agradeceu a distinción e aseverou que os Camiños de Santiago “son moito máis que unha ruta turística, unha peregrinación relixiosa ou un percorrido patrimonial; posto que supoñen un encontro entre culturas e nacións, un traxecto que deu forma a Europa, a España e a Galicia”.
Tamén foi recoñecida a traxectoria de dous membros do Comité Internacional de Expertos do Camiño, Paulo Caucci e –a título póstumo– Robert Plötz, en recoñecemento ao movemento asociativo, ao seu labor de divulgación e ao seu traballo de asesoramento aos diferentes gobernos autonómicos.
Outras novas
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado