Turismo de Galicia mostra en Navarra a importancia do Camiño na vertebración de Europa a través dunha exposición audiovisual
- A mostra pode visitarse na sala de exposicións Fray Diego da Casa da Cultura de Estella ata o vindeiro 21 de maio
- Trátase dunha selección de fotografías de Manuel Valcárcel acompaña pola música de Alexandro González a que narran a súa peregrinación a través de Hungría, Austria, a República Checa, Eslovenia, Italia, o norte de España e a Galicia xacobea
- A exposición reflicte a pluralidade e riqueza dunha Europa vertebrada polos itinerarios a Santiago de Compostela e a importancia do Camiño como primeiro itinerario cultural europeo
Estella (Navarra), 7 de maio de 2017
Turismo de Galicia inaugurou en Estella (Navarra) a exposición audiovisual Memoria de Peregrinación que poderá visitarse na sala de exposicións Fray Diego da Casa da Cultura da cidade ata o vindeiro 21 de maio.
Trátase dunha exposición audiovisual que aglutina as fotografías de Manuel Valcárcel e a música de Alexandro González a través da súa peregrinación por unha das rutas xacobeas de dilatada historia e tradición.
A exposición narra, así, unha viaxe contemporánea realizada co propósito de somerxerse na intimidade duns lugares históricos que forman parte substancial da memoria cultural de toda a Humanidade.
Deste xeito, a mostra reflicte unha particular peregrinación a través de Hungría, Austria, a República Checa, Eslovenia, Italia, o norte de España e a Galicia xacobea na que os dous artistas galegos fan especial fincapé na tradición cultural e na sensibilidade relixiosa que impregnan os lugares e os camiños, así como a vida dos pobos e cidades próximas aos itinerarios de peregrinación.
Unha exposición que mostra a pluralidade e riqueza dunha Europa vertebrada polos itinerarios a Santiago de Compostela e a importancia do Camiño como primeiro itinerario cultural europeo.
A mostra peregrinou dende en 2010 e 2011 polas cidades europeas de Sofía (Bulgaria), Bucarest (Romanía), Zagreb (Croacia), Santiago de Compostela, continuando en 2012 o seu periplo por Francia, Australia e Nova Zelanda. Así mesmo, en 2013 viaxou a Alemaña, a República Checa e Singapur e a varias cidades españolas como León, Burgos ou Palencia.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata