Turismo de Galicia presenta a tradución ao galego do libro “As floriñas de San Francisco”
Turismo de Galicia presentou a tradución ao galego do libro ‘As floriñas de San Francisco’, unha acción divulgativa que se enmarca nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, na data que se conmemora o Día Mundial do Libro.
Co gallo desta conmemoración edítase por primeira vez en lingua galega o célebre texto do século XIV sobre a vida do Santo de Asís. A tradición da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago parte das fontes franciscanas denominadas Actus Beati Francisci et sociorum eius, unha recompilación de finais do século XIII da vida e actos de San Francisco e os seus discípulos que se sintetiza nesta obra maxistralmente traducida do italiano medieval por Darío Xohán Cabana, un dos grandes expertos mundiais en literatura medieval italiana, e magnificamente ilustrada por Darío Basso. A tradución é pura dende o idioma orixinal.
Foi na Catedral de Santiago, segundo se recolle no capítulo IV desta obra, onde lle foi revelado ao Santo de Asís a súa misión de espallar a súa Orde polo mundo. ‘As floriñas’ ten sido traducida a varios idiomas e conta con máis de 50 capítulos, cuxas letras capitulares foron feitas unha a unha e deseñadas polo ilustrador Darío Basso, que realizou outras 17 acuarelas para a edición.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata