O Xacobeo inaugurou en Hamburgo a Exposición Itinerante "Camiño de Santiago. Unha visión dende Oriente, Tomohiro Muda”
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración co Consulado Español, ven de inaugurar en Hamburgo a exposición fotográfica itinerante "Camiño de Santiago. Unha visión dende Oriente, Tomohiro Muda", que permanecerá nesa cidade alemá ata o 30 de abril. A exposición ten lugar na Christus Kirche, unha igrexa luterana do século XIV que foi reconstruída trala II Guerra Mundial e que está situada no zona de Wandbeck, un barrio de Hamburgo dende o que saen gran número de peregrinos a Santiago. Precisamente por isto, a parroquia e o seu pastor solicitaron a mostra, nun novo exemplo de ecumenismo cultural e relixioso no que o Camiño de Santiago exerce de vínculo de unión entre protestantes e católicos.
O autor da mostra, Tomohiro Muda, é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando o Camiño e ofrecendo así a súa propia visión del por medio dunha exquisita colección de fotografías realizadas nun expresivo branco e negro.
Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata