Exposición sobre o Camiño dentro do festival cultural anual do mundo latino ‘Ventana Fiesta’ de Melbourne
Durante todo o mes de marzo os australianos poderán visitar no Frankstone Arts Centre de Melbourne, capital do estado de Victoria en Australia, a exposición fotográfica En Camiño, da fotógrafa alemá Silvia Steinbach. Así mesmo, exhibirase o audiovisual Testemuñas de Peregrinos e proxectaranse as curtametraxes para nenos O Camiño de Santiago e O Fillo do Trono, películas divulgativas infantís propiedade da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Estes eventos teñen lugar dentro do importante festival cultural do mundo hispano Ventana Fiesta, que cada ano se celebra a comezos da primavera en Frankston, localidade situada na baía e área metropolitana de Melbourne. O evento está organizado pola municipalidade e polo Arts Centre de Frankston. Este ano está dedicado ao Camiño de Santiago como froito das negociacións realizadas no país oceánico pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, que contribúe así ao amplo programa do festival.