Turismo de Galicia publica unha nova edición actualizada en castelán do Códice Calixtino
Turismo de Galicia presentou a publicación dunha nova edición actualizada en castelán do libro Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus, elaborada baixo a coidada e profesional mirada da profesora María José García Blanco.
O obxectivo desta nova reedición é fomentar os estudos xacobeos e o interese xeral cara á cultura da peregrinación, achegando ao público unha obra que é tan universal como galega.
Así mesmo, a presentación desta nova edición responde a unha ampla demanda que reclamaba a reedición desta tradución da cal encóntranse esgotadas as anteriores edicións de 1951 por Abelardo Moralejo, Casimiro Torres e Julio Feo, e de 2004 por J. J. Moralejo e María José García Blanco.
Esta nova edición contén unha pequena introdución da profesora García Blanco, seguida dos antigos textos introdutorios da edición de 2004, para dar pé á tradución do libro. Ademais, inclúe un índice bíblico, un índice léxico, un índice literario, un índice onomástico e un índice toponímico, fundamentais para posibles consultas de investigadores
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata