Os artesáns de Galicia abren os seus obradoiros ao público. Unha oportunidade para ver ou adquirir algún dos seus traballos. A aplicación para móbiles “Obradoiros abertos” permítenos localizalos desde calquera punto do noso percorrido.
Na rede de comercios rurais de Galicia, ou nos mercados, prazas de abastos e lonxas de cidades e vilas, podemos adquirir produtos frescos locais e a mellor gastronomía do país. Moitos deles atópanse en edificios históricos, cheos de rebumbio e autenticidade.
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies propias de terceiros con fins analíticos. Pode obter máis información na política de cookies
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.