Artesanía de Galicia
Artesanía de Galicia
Os artesáns de Galicia abren os seus obradoiros ao público. Unha oportunidade para ver ou adquirir algún dos seus traballos.
Máis de 150 artesáns de Galicia abren os seus obradoiros ao público. Unha oportunidade para ver ou adquirir algún dos seus traballos. A aplicación Obradoiros abertos, para descargar no móbil, permítenos localizar obradoiros, tendas e puntos de interese nun raio que se pode determinar na pantalla de preferencia (de 0 a 300 km). Tamén identifica a súa posición no mapa e traza unha ruta ata o destino escollido.
Baixo a marca Artesanía de Galicia, a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia puxo en marcha o que denomina Rutas de artesanía, vinculadas cos camiños de Santiago.