Con máis de 1.600 quilómetros de costa, a nosa comunidade autónoma conta con cerca de 130 portos de diferentes tamaños e características. Estes, xunto coas súas infraestruturas propias, achegan toda clase de comodidades para facilitar a chegada dos visitantes que escollen este medio de transporte. Nas diferentes instalacións náutico-deportivas de Galicia proporcionaranlle toda a información que necesite para achegarse en barco.
Outro xeito de chegar a Galicia por mar é mediante os cruceiros turísticos que cada vez en máis número saen, chegan ou fan parada nos portos de Ferrol, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies propias de terceiros con fins analíticos. Pode obter máis información na política de cookies
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.