En barco...

Con máis de 1.600 quilómetros de costa, a nosa comunidade autónoma conta con cerca de 130 portos de diferentes tamaños e características. Estes, xunto coas súas infraestruturas propias, achegan toda clase de comodidades  para facilitar a chegada dos visitantes que escollen este medio de transporte. Nas diferentes instalacións náutico-deportivas de Galicia proporcionaranlle toda a información que necesite para achegarse en barco.

Outro xeito de chegar a Galicia por mar é mediante os cruceiros turísticos que cada vez en máis número saen, chegan ou fan parada nos portos de Ferrol, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Instalacións náutico-deportivas

Comparte as túas experiencias

Máis información dos aeroportos de Galicia
Como chegar ao inicio de cada ruta