As autoestradas e autovías, xunto coa rede de estradas, configuran unhas infraestruturas de mobilidade que permiten aos viaxeiros e viaxeiras chegar a Galicia e moverse dentro dentro dela con total facilidade.
As principais vías de entrada son a Autoestrada A-8, que conecta a Comunidade Autónoma coas cidades e capitais do norte de España, e as autoestradas A-6 e A-52, que conectan Galicia con Madrid. Por outra banda, a AP-9 non só permite o desprazamento por boa parte do litoral galego senón que facilita a comunicación co veciño Portugal.
Tamén, as principais compañías internacionais e unha extensa rede de empresas locais ofertan servizos de alugueiro de vehículos.
Autoestradas, autovías e rede de estradas de Galicia