Establécese o punto de inicio do Camiño Francés en Galicia na aldea do Cebreiro
Conexións cos puntos de inicio do Camiño
Conexións co Camiño Francés
Establécese o punto de inicio do Camiño Francés en Galicia na aldea do Cebreiro, no límite provincial de León e Lugo -concello de Pedrafita do Cebreiro-, a uns 152 km de distancia de Santiago de Compostela. Outro punto de referencia a tratar é Sarria, recoñecido como “quilómetro 100”, que garante a expedición da Compostela unha vez completada a peregrinación.
A estación situada en Sarria dálles servizo a diferentes conexións ferroviarias de longa distancia de orixe nacional (Alvia, Trenhotel Galicia, Trenhotel Atlántico) con destino Ferrol e A Coruña, e paradas intermedias na Gudiña (CVP) Lugo e Ourense. Supón unha alternativa para a mobilidade dos peregrinos, principalmente para os que chegan a Galicia vía Madrid e Barcelona.
En calquera caso dos anteriormente citados, tanto para chegar a Pedrafita do Cebreiro como a Sarria, as cidades de referencia son Lugo e Santiago de Compostela, onde se dispón dun servizo de autobuses regular a ambos os destinos.
LUGO > PEDRAFITA DO CEBREIRO -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Lugo |
| CHEGADA | Parada de autobuses de Pedrafita |
| FRECUENCIA | 5 autobuses de luns a domingo (agás festivos) |
| PREZO BILLETE IDA | 5.39 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 40/50 minutos |
| EMPRESA | ALSA / González de la Riva / MONBUS |
LUGO > SARRIA -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Lugo |
| CHEGADA | Estación de autobuses de Sarria |
| FRECUENCIA | 13 autobuses de luns a venres |
| PREZO BILLETE IDA | 3.70 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 30 minutos |
| EMPRESA | MONBUS |
Conexións co Camiño Portugués
No caso do Camiño Portugués, a ruta entra en territorio galego desde Portugal pola cidade histórica de Tui, a unha distancia aproximada de 120 km de Santiago de Compostela. A referencia para establecer unha conexión mediante transporte rodado con este punto do Camiño é a cidade de Vigo, que conta con terminal aeroportuaria, e servizo de autobuses e de trens.
VIGO > TUI -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Vigo |
| CHEGADA | Parada de autobuses de Tui |
| FRECUENCIA |
|
| PREZO BILLETE IDA | 3.15 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 40 minutos |
| EMPRESA | ATSA / MELYTOUR |
VIGO > TUI -en tren-
| SAÍDA | Estación de trens de Vigo - Guixar |
| CHEGADA | Estación de trens de Tui - Guillarei |
| FRECUENCIA | 2 trens diarios: 7:46 h. e 19.47 h. (destino Valença do Minho) |
| PREZO BILLETE IDA | 3.90 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora |
| EMPRESA | RENFE |
Conexións co Camiño do Norte
O punto de inicio do Camiño do Norte en Galicia sitúase en Ribadeo, nas veigas do Eo e na fronteira entre Galicia e Asturias, a unha distancia aproximada de Santiago de Compostela de 170 km. As principais conexións mediante a rede de autobuses partén de Lugo, aínda que existe un servizo directo (moi limitado en horario) dende A Coruña.
LUGO > RIBADEO-en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Lugo |
| CHEGADA | Estación de autobuses de Ribadeo |
| FRECUENCIA | 5 autobuses diarios de luns a venres. 2 autobuses sábados e domingos. |
| PREZO BILLETE IDA | 9.85 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora e 30 minutos |
| EMPRESA | ARRIVA |
Conexións co Camiño Primitivo
A Fonsagrada é núcleo de inicio do Camiño Primitivo en Galicia, situado a uns 170 km da meta da peregrinación, Santiago de Compostela. As conexións máis cómodas establécense a través dos servizos de autobús da cidade de Lugo.
LUGO > A FONSAGRADA -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Lugo |
| CHEGADA | Estación de autobuses da Fonsagrada |
| FRECUENCIA | 4 autobuses diarios de luns a venres. 2 autobuses sábados e domingos. |
| PREZO BILLETE IDA | 7.25 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora e 30 minutos |
| EMPRESA | HER-VEI |
Vía da Prata
Establécense dous puntos de inicio na provincia de Ourense asociados á Vía da Prata: A Gudiña e Verín, ambos a máis de 200 km de Santiago de Compostela. A cidade de Ourense aglutina as opcións de servizo para acceder a estes puntos.
O apeadoiro situado na Gudiña proporciona conexión ferroviarias de longa distancia -tren Alvia dende Madrid a Ferrol- con paradas intermedias en Sarria (CFR), Lugo e Ourense. Supón unha alternativa para a mobilidade dos peregrinos que chegan a Galicia vía Madrid.
OURENSE > A GUDIÑA -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Ourense |
| CHEGADA | Estación de autobuses da Gudiña |
| FRECUENCIA | 1 autobús diario ás 12.15 h., de luns a domingo. |
| PREZO BILLETE IDA | 9.30 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora e 50 minutos |
| EMPRESA | AUTO-RES / AvanzaBus |
OURENSE > A GUDIÑA -en tren-
| SAÍDA | Estación de trens de Ourense |
| CHEGADA | Estación de trens da Gudiña |
| FRECUENCIA | 4 trens diarios (destino Madrid) |
| PREZO BILLETE IDA | 11.90 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora |
| EMPRESA | RENFE |
OURENSE > VERÍN -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Ourense |
| CHEGADA | Estación de autobuses de Verín |
| FRECUENCIA | 9 autobuses de luns a venres. 5/6 autobuses os sábados e domingo. |
| PREZO BILLETE IDA | 7.60 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora e 40 minutos |
| EMPRESA | MONBUS |
Conexións co Camiño de Fisterra e Muxía
O inicio do Camiño é a cidade de Santiago de Compostela, polo tanto preséntase información relativa ás saídas dende os núcleos de Fisterra e Muxía. No caso de Fisterra existe servizo de transporte regular á capital de Galicia e á Coruña, mentres que Muxía só conta con enlaces a Santiago de Compostela. A distancia aproximada, tanto dende Muxía como dende Fisterra a Santiago de Compostela é de 90 km. Amplíase aos 100 km se o destino é A Coruña.
FISTERRA > SANTIAGO DE COMPOSTELA -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Fisterra |
| CHEGADA | Estación de autobuses de Santiago de Compostela |
| FRECUENCIA | 5 autobuses diarios de luns a venres. 4 autobuses os sábados. 3 autobuses os domingos. |
| PREZO BILLETE IDA | 13.10 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 2 hora e 40 minutos |
| EMPRESA | MONBUS |
FISTERRA > A CORUÑA -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Fisterra |
| CHEGADA | Estación de autobuses da Coruña |
| FRECUENCIA | 5 autobuses diarios de luns a venres. 3 autobuses os sábados. 2 autobuses os domingos. |
| PREZO BILLETE IDA | 14.55 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 2 horas |
| EMPRESA | Autocares Vázquez |
MUXÍA > SANTIAGO DE COMPOSTELA -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Muxía |
| CHEGADA | Estación de autobuses de Santiago de Compostela |
| FRECUENCIA | 2 autobuses diarios de luns a venres. 2 autobuses os sábados. 2 autobuses os domingos. |
| PREZO BILLETE IDA | 14.55 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 2 horas |
| EMPRESA | Autocares Vázquez |
Conexións co Camiño Inglés
O Camiño Inglés permite iniciar a peregrinación dende as cidades da Coruña ou Ferrol (a uns 75 km e 120 km de Santiago de Compostela, respectivamente). As opcións para chegar á Coruña pasan polo uso das conexións directas á cidade a través do aeroporto, o tren ou o servizo de autobús dende diversos puntos de Galicia. Establécese Santiago de Compostela como cidade de referencia para chegar a ambos os puntos de inicio, e inclúese información respecto das conexións entre A Coruña e Ferrol.
SANTIAGO DE COMPOSTELA > A CORUÑA -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Santiago de Compostela |
| CHEGADA | Estación de autobuses da Coruña |
| FRECUENCIA |
|
| PREZO BILLETE IDA | 13.10 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora / 1 hora e 20 minutos |
| EMPRESA | MONBUS |
SANTIAGO DE COMPOSTELA > A CORUÑA -en tren-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Santiago de Compostela |
| CHEGADA | Estación de autobuses da Coruña |
| FRECUENCIA |
|
| PREZO BILLETE IDA | 7.35 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 30 / 40 minutos |
| EMPRESA | RENFE |
SANTIAGO DE COMPOSTELA > FERROL -en autobús-
| SAÍDA | Estación de autobuses de Santiago de Compostela |
| CHEGADA | Estación de autobuses de Ferrol |
| FRECUENCIA |
|
| PREZO BILLETE IDA | 10.35 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora e 20 minutos |
| EMPRESA | MONBUS |
A CORUÑA <> FERROL -en autobús-
| SAÍDA <> CHEGADA | Estación de autobuses da Coruña Estación de autobuses de Ferrol |
| FRECUENCIA |
|
| PREZO BILLETE IDA | 7.65 € |
| DURACIÓN APROXIMADA DO TRAXECTO | 1 hora |
| EMPRESA | ARRIVA |