Etapa Caldas de Reis - Padrón
Camiño Portugués
Etapa: Caldas de Reis-Padrón
O núcleo do Pino dá paso ao monte Castelo, profundos bosques bañados polas augas do río Valga e salpicados de antigos muíños.
Caldas de Reis- Carracedo
A saída de Caldas efectúase pola N-550, pero inmediatamente se incorpora a un fermoso camiño. A ruta comeza en ascenso ata chegar ao conxunto de Santa Mariña de Carracedo.
Caldas de Reis - Carracedo
Carracedo- San Miguel de Valga
A continuación, o camiño discorre polos lugares de Casalderrique e Casal de Eirigo. Empeza o municipio de Valga. O núcleo do Pino dá paso ao monte Castelo, profundos bosques bañados polas augas do río Valga e salpicados de antigos muíños.
Carracedo - San Miguel de Valga
San Miguel de Valga- Padrón
Os seguintes lugares desta etapa son Cimadevila, a ponte sobre o río Fontenlo, Cedelo e Condide, xa en Pontecesures. Desde o miradoiro de Pino Manso obteremos unha ampla vista do val do río Ulla. A ruta transita agora polo barrio máis antigo da vila de Pontecesures. Tras ela cruzamos a ponte sobre o Ulla (de orixe romana, aínda que hoxe desvirtuada), que separa as provincias de Pontevedra e A Coruña. Aquí comeza o municipio coruñés de Padrón, berce da tradición xacobea, fermosa e monumental localidade bañada polo río Sar. A entrada na vila realízase polo campo da feira, antes de introducirnos polo Paseo do Espolón. No núcleo histórico álzase a igrexa de Santiago de Padrón, onde se garda O Pedrón.