Camiño Portugués da Costa

Etapa: Padrón-Santiago de Compostela

  • Lonxitude 24,8 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 5h 00min
  • Escoita o percorrido da etapa

No Milladoiro —o “humilladoiro”; é dicir, onde os peregrinos se humillaban ou axeonllaban ao ver por vez primeira a catedral— xa se respira Compostela. Accedemos primeiro pola Rocha Vella e a Ponte Vella para cruzar o río Sar.

 

Padrón- A Escravitude

  • Lonxitude 6,4 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 15min

Saímos pola rúa das Dores, cruzamos o río Sar e chegamos a Iria Flavia, hoxe municipio de Padrón, pero que foi cidade romana e logo sé episcopal ata o século XI. Pasamos ante a fundación do Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela (está enterrado fronte a ela, no cemiterio da colexiata de Santa María de Adina) e cruzamos a N-550 (podemos tomar o ramal que nos desvía á dereita para evitar o tráfico). O val do Sar nutre aldeas tradicionais como A Pousa, O Souto, O Rueiro, Cambelas ou Anteportas.

Padrón - A Escravitude

A Escravitude- Milladoiro

  • Lonxitude 11,3 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 2h 15min

Chegamos ao santuario da Escravitude. Tras el, os vales de Padrón e unhas magníficas vistas das terras de Amaía. Descendemos ata A Angueira de Suso. Percorremos O Faramello e chegamos ao albergue de Teo, unha boa opción de descanso. Culminada a subida, alcanzamos a Rúa de Francos e seguidamente Osebe.

A Escravitude - O Milladoiro

Milladoiro- Santiago de Compostela

  • Lonxitude 7,6 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 1h 30min

No Milladoiro —o “humilladoiro”, é dicir, onde os peregrinos se humillaban ou axeonllaban ao ver por vez primeira a catedral— xa se respira Compostela: descendemos primeiro ata A Rocha Vella, onde nos atopamos co río Sar, que cruzaremos pola Ponte Vella. Continuamos cara á dereita por un camiño río arriba, paralelo ao curso fluvial, ata chegarmos a unha bifurcación. Aquí temos dúas opcións, que están ben indicadas: podemos seguir recto polo barrio de Santa Marta de Abaixo, capela de Santa Marta e rúa Rosalía de Castro; ou ben tomar cara á dereita, atravesar o centro do histórico barrio de Conxo, rúas Sánchez Freire e García Prieto e avenida de Vilagarcía. Ambas as opcións conflúen na rúa Rosalía de Castro á altura da Praza de Vigo.

O Camiño intérnase no centro histórico a través da Porta Faxeira e da Rúa do Franco. A entrada tradicional á catedral dos peregrinos do Camiño Portugués discorre pola Praza das Praterías.

O Milladoiro - Santiago de Compostela