CASA MUSEO DA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA
Localización
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: Iria Flavia
Rúa: Santa María 22
15917 Padrón - A Coruña
Coordenadas: 42º 44' 45.1" N - 8º 39' 21.2" W
Teléfono: +34 981 812 425
Fax: +34 981 810 453
Correo electrónico: visitas@fundacioncela.com
Sitios: https://fundacioncela.gal/gl
Descrición
Camilo José Cela Trulock naceu en Iria Flavia o 11 de maio de 1916. Fillo de pai galego e nai con ascendencia inglesa e italiana, pasou a súa infancia en Galicia, para logo trasladarse coa súa familia a Madrid en 1925. Tras varias incursións na poesía, a súa carreira literaria comeza a ser unha realidade coa publicación no ano 1942 da súa primeira novela La familia de Pascual Duarte, novela de certa crueza.
A súa traxectoria literaria tivo como resultado final o cultivo de todos os xéneros literarios cun total de 120 obras, entre as que destacan La colmena, Mazurca para dos muertos, Viaje a la Alcarria, Del Miño al Bidasoa ou La rosa, entre outros. Deste xeito, fóronlle concedidos os máis importantes premios literarios, o Premio Nacional de Narrativa (1984) o Premio Príncipe de Asturias das Letras (1987), o Premio Nobel de Literatura (1989) e o Premio Cervantes (1995). Finou en Madrid o 17 de xaneiro de 2002.