O Camiño en Sigüeiro
Camiño Inglés
Etapa: Sigüeiro - Santiago de Compostela
Penetramos no municipio de Santiago a través do barrio de Meixonfrío, lugar onde existiu unha venda na que se refrescaban peregrinos e viaxeiros. Moi preto atópase o Cruceiro da Coruña, en cuxas proximidades se alzaba un castro prerromano.
Sigüeiro- A Barciela
Pasamos a ponte de Sigüeiro sobre o río Tambre e entramos no concello de Santiago.
Sigüeiro - A Barciela
A Barciela- Santiago de Compostela
Continuamos en dirección aos pequenos núcleos de Marantes e A Lameira, ata que alcancemos e atravesemos o parque empresarial do Tambre (principal viveiro de industrias da capital galega) e debemos camiñar pola Vía Galileo e a Rúa do Tambre. A ruta chega ao barrio de Meixonfrío, lugar onde existiu unha venda na que se refrescaban peregrinos e viaxeiros. Moi preto atópase o Cruceiro da Coruña, en cuxas proximidades se alzaba un castro prerromano.
O itinerario atravesa o barrio das Cancelas e entra, camiño abaixo, no centro urbano de Santiago. Pasamos ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano, e ante o Monumento ao Peregrino. Continuamos polas rúas da Pastoriza, Basquiños e Santa Clara. Deixamos o convento de Santa Clara e continuamos pola Rúa Loureiros ata a Porta da Pena, unha das entradas á cidade cando estaba amurallada, do século XII ao XIX. Pouco despois entramos na Praza de San Martiño Pinario, logo na Rúa da Troia —onde está a famosa pensión de estudantes— e, finalmente, na Rúa da Acibechería, que nos sitúa ante a fachada norte da catedral de Santiago.