O Cebreiro - Triacastela
Camiño Francés
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Xil
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
- O Cebreiro
- Liñares
- Hospital da Condesa
- Padornelo
- Fonfría
- Biduedo
- Triacastela
- San Cristovo do Real
- Samos
- Pascais
- Aguiada
- Sarria
- Barbadelo
- Ferreiros
- Portomarín
- Gonzar
- Vendas de Narón
- A Eirexe
- Lestedo
- Palas de Rei
- San Xiao do Camiño
- O Leboreiro
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: O Cebreiro-Triacastela
O tramo galego do Camiño Francés comeza no Cebreiro, unha aldea de orixe prehistórica situada a 1.300 m de altitude, entre as serras do Courel e Os Ancares.
O Cebreiro- Liñares
Desde o albergue do Cebreiro pódense tomar dúas rutas, un sendeiro que sae desde a mesma porta cara arriba á dereita, ou ben o camiño orixinal, baixando ata a estrada xeral e seguindo por ela ata Liñares (uns 3 km).
O Cebreiro - Liñares
Liñares- Hospital da Condesa
Unha vez en Liñares, cóllese a ruta sinalizada cara á esquerda, subindo entre as casas ata a igrexa románica. Hai que tomar despois o primeiro sendeiro pedregoso sinalizado cara á esquerda e comezar a ascender sobre Os Ancares. Despois dunha serie de subidas e baixadas pronunciadas, chégase ao alto de San Roque (1.270 metros), onde se atopa unha estatua dun peregrino outeando o val.
Desde este punto, os sinais conducen en paralelo á estrada ata Hospital da Condesa. A entrada no poboado realízase pola esquerda, e séguese logo polo desvío da dereita. Na vila, da que destaca a súa calzada de pedra, hai un albergue.
Liñares - Hospital da Condesa
Hospital da Condesa- Padornelo
Á saída de Hospital, hai unha preciosa igrexa, das típicas da zona, de pedra e dun austero estilo románico. Seguindo o camiño marcado, no que aparecen continuamente frechas amarelas e cada 500 metros marcos que indican a distancia a Santiago, chégase á estrada para camiñar xunto á beiravía, cruzando dous pequenos regueiros antes de tomar un desvío á dereita.
Continúa a ruta por unha pista semiasfaltada paralela ao arroio. Tómase un cruzamento á esquerda e, sen desviarse desta estrada asfaltada, faise entrada en Padornelo.
Hospital da Condesa - Padornelo
Padornelo- Fonfría
Unha vez pasada a igrexa de San Xoán, co seu campanario e a súa fonte, os sinais conducen a un camiño de pedra que leva, tras unha empinada costa, ata o alto do Poio, o punto máis alto do Camiño Francés (1.337 metros).
Desde alí continúase pola estrada á man dereita, e cóllese o camiño que está sinalicado ata Fonfría; tamén se pode tomar neste pequeno tramo a ruta paralela.
Padornelo - Fonfría
Fonfría- O Biduedo
Na saída de Fonfría, o camiño divídese en tres, e hai que continuar polo do medio, por un camiño de lousa que desemboca na estrada, xusto ao comezo do municipio de Triacastela.
Tras uns poucos metros polo asfalto, o camiño métese á dereita cara a unha pista que cruza a estrada e continúa recta ata O Biduedo.
Fonfría - O Biduedo
Biduedo- Triacastela
Este último tramo é todo en descenso. Desde O Biduedo sáese pola esquerda e logo continúase por un camiño desde o que se divisa unha espectacular panorámica da Serra do Courel e, en concreto, do monte Caldeirón.
O camiño prosegue baixando por sendas pedregosas ata chegar á entrada de Fillobal, onde é preciso torcer á esquerda e ir seguindo os sinais ata Pasantes e, desde alí, a Triacastela e ao seu albergue.