Camiño Seguro
Información para profesionais e entidades xestoras
A Xunta de Galicia ten en marcha unha serie de medidas e protocolos para profesionais e entidades xestoras de albergues de peregrinos. Nas últimas semanas impartíronse diversos cursos de formación online en materia hixiénico-sanitaria para albergueiros, nos que participaron máis de 300 profesionais. Ademais, contan á súa disposición con:
• Axudas para adaptarse aos protocolos hixiénico sanitarios. Ata o 31 de xullo ou ata esgotamento de crédito está aberto o prazo de presentación de axudas para apoiar ao sector na instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes. As empresas e autónomos de menos de 10 traballadores poden obter apoios polo 100% das medidas activadas, desde 300 a 1200 euros. As axudas para empresas de ata 50 traballadores, acadarán o 80% do gasto realizado, cunha achega máxima de 3.000 euros. As actuacións poden ser novas ou xa realizadas desde a declaración do estado de alarma e pódense tramitar en tramita.igape.es.
A Xunta pon material á disposición dos profesionais con protocolos de actuación e prevención fronte a covid-19
• Asesoramento. Está en marcha un servizo gratuíto de asesoramento. As empresas e profesionais que o precisen poden chamar ao 900 815 334 de luns a venres, de 10,00 a 14,00h. e de 16,00 a 20,00h. ou enviar un correo electrónico á info-galiciadestinoseguro@xunta.gal.
• Guías e manuais de apoio. No marco de Camiño Seguro, a Xunta en colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), elaboraron materiais a disposición dos albergues con indicacións e recomendacións, así como protocolos de prevención que están á súa disposición nesta páxina web.
- Medidas para a redución do contaxio por coronavirus SARS_COV2
- Manual para os albergues ante a Covid19
- Plan de continxencia
- Cartel recomendacións para a utilización dos albergues ante a covid-19
- Cartel teléfono viaxeiro síntomas
- Cartel de fóra de servizo
- Cartel capacidade limitada
- Cartel hixiene de mans
- Cartel técnica do lavado de mans