10/abr/2014

John Brierley e a editorial eCamino crean unha aplicación móbil para peregrinos

eCamino é unha aplicación para móbiles e unha web de apoio, orientada aos peregrinos que fan o Camiño de Santiago, creada por eCamino Ltd, deseñador de software húngaro. O contido está baseado na obra de John Brierley, autor da guía do camiño francés con maior venda mundial (20.000 exemplares anuais en inglés), que inclúe indicacións prácticas, culturais e espirituais.

Trátase dunha aplicación que se pode usar con e sen conexión a internet. Inclúe mapas e planos, posicionamento e puntos de interese, alertas en caso de emerxencia, información actualizada grazas aos datos achegados polo autor e pola comunidade de usuarios, opción de compartir información, diario e fotodiario electrónico, gravación de voz así como unha completa sección información práctica, cultural e espiritual.

Dispoñible para Android, iOS e Windows Phone.

+info: www.ecamino.eu -  www.caminoguides.com

Presentación en Pamplona:

Lugar: Albergue Jesús y María 
Calle Compañía, 4, Pamplona
Data: 16 de abril, mércores 12:00 pm.
Presentan: John Brierley e Csaba Antal