O Camiño de Santiago conta con unha nova aplicación desenvolvida por Segitur
O Camiño de Santiago conta cunha aplicación, desenvolvida por Segitur, Camino de Santiago en Galicia geolocaliza o usuario e permítelle seguir o trazado de cada etapa e ir obtendo información útil sobre os albergues, monumentos e recursos turísticos. A acción enmárcase na colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Xunta de Galicia para impulsar o Camiño de Santiago como Destino Turístico Intelixente.
Sendegal
Turismo de Galicia ten xa unha aplicación que recompila os sendeiros homologados de todas as categorías. A través da aplicación o Camiño de Santiago dispón xa dunha ferramenta baseada nas novas tecnoloxías dispoñible para todos aqueles que desexen obter información puntual sobre os tramos concretos.En Galicia hai catro sendeiros homologados como GR, isto é, Gran Percorrido: Panorámico de Vigo, Sendeiro das Greas, Rural de Galicia e o Camiño de Santiago
A aplicación ‘Camino de Santiago en Galicia’
A través da aplicación pódese acceder a recursos multimedia e compartir contidos nas redes sociais, así como valorar os recursos a través dun sistema de check-in e puntuación con estrelas. Tamén se pode obter información sobre eventos, meteorolóoxía ou contar con ferramentas como unha brúxula ou unha lanterna. Está dispoñible para Android e proximamente estará tamén dispoñible para IOS.
A aplicación inclúe información sobre nove etapas do Camiño Francés en Galicia en español e mais en inglés: o Cebreiro-Triacastela; Triacastela-Sarria (por San Xil); Triacastela-Sarria (por Samos); Sarria-Portomarín; Portomarín-Palas de Rei; Palas de Rei-Melide; Melide-Arzúa; Arzúa-O Pedrouzo (O Pino); O Pedrouzo (O Pino)- Santiago.
Outras novas
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés