Ribadeo - Vilanova de Lourenzá
Camiño do Norte
- Ribadeo
- Vilela
- A Ponte
- Vilamartín Pequeno
- Gondán
- Lourenzá
- San Pedro da Torre
- Mondoñedo
- Abadín
- Martiñán
- Goiriz
- Vilalba
- Ponte de Sa
- Baamonde
- Digañe
- Miraz
- A Roxica
- O Marco das Pías
- Guitizá
- Sobrado dos Monxes
- As Corredoiras
- Sendelle
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca, O Pino
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Ribadeo-Vilanova de Lourenzá
Partimos da histórica vila e porto de Ribadeo. De nobre pasado, alzada sobre unha atalaia natural e divisando a ría, conserva un interesante conxunto arquitectónico medieval e moderno. O Camiño continúa por unha vella ruta, quizais romana ou tardorromana, ata o final desta etapa, en Lourenzá.
Ribadeo- Vilela
O primeiro núcleo despois de Ribadeo é Ove. A continuación, o Camiño pasa por Covelas e, tras unha pendente, alcanza Vilela. Lugares, todos eles, nos que se capta facilmente o sabor dunha vida tradicional.
Ribadeo - Vilela
Vilela- A Ponte
Deixamos atrás Vilela para pasar polos lugares de Celeiros e O Vilar. Chegamos á parroquia de San Pedro de Arante alí atópase a capela da Nosa Señora das Virtudes, do século XV, onde houbo un hospital de peregrinos desde o século XVI.
Vilela - A Ponte
A Ponte- Vilamartín Pequeno
O Camiño continúa en ascenso e, a través de sendas forestais, chega ao municipio de Barreiros, famoso polas súas praias de fina e branca area. A primeira parroquia que se alcanza é Vilamartín Pequeno.
A Ponte - Vilamartín Pequeno
Vilamartín Pequeno- Gondán
Deixando atrás esta parroquia e a súa igrexa de San Xoán Degolado, pasamos por Vilamartín Grande para chegar a Gondán.
Vilamartín Pequeno - Gondán
Gondán- Lourenzá
Vilanova é capital municipal de Lourenzá, alzada arredor do magnífico mosteiro beneditino, fundado polo conde don Osorio Gutiérrez, o Conde Santo, no ano 969. Lourenzá é coñecida pola súa faba, produto con Indicación Xeográfica Protexida. O primeiro domingo de outubro celébrase a Festa da Faba de Lourenzá.