Carga de puntos de interese en Tom tom GPS
1. Tom Tom GPS
Para a incorporacin dos puntos de interese no GPS Tom Tom o usuario poderá proceder de dous xeitos:
- De xeito manual incorporando os puntos de interese na carpeta correspondente.
- Por medio dun programa de intercambio de formatos denominado GPSBabel http://www.gpsbabel.org/
Neste manual procederase a descrición dos pasos para a incorporación manual dos POI na carpeta do Tom Tom.

2. Instalación do dispositivo GPS
Para poder sincronizar o dispositivo GPS ó ordenador, é necesario ter instalado no computador o software Active Sync.
Este software serve para sincronizar e conectar dispositivos con Windows Mobile/ Windows CE (PDAs, GPS, móviles, etc…) a través de portos USB, Bluetooth ou infravermellos.
A descarga do ActiveSync só se realizará para computadores que teñan un sistema operativo inferior ó XP. No caso de que o usuario tivese instalado o Vista ou o Windows 7, o software xa ven incorporado no sistema operativo.
Este software pódese descargar de balde dende a páxina de Microsoft:
A versión de descarga é a 4.5 en varios idiomas.
Os sistemas operativos compatibles son:
Windows Server 2003; Windows Server 2003 Service Pack 1; Windows Server 2003 Service Pack 2; Windows XP; Windows XP 64-bit; Windows XP Embedded; Windows XP Embedded Service Pack 1; Windows XP Embedded Service Pack 2 ; Windows XP for Itanium-based Systems Version 2003; Windows XP Home Edition ; Windows XP Media Center Edition; Windows XP Professional 64-Bit Edition (Itanium) ; Windows XP Professional 64-Bit Edition (Itanium) 2003; Windows XP Professional Edition ; Windows XP Professional x64 Edition ; Windows XP Service Pack 1; Windows XP Service Pack 2; Windows XP Starter Edition; Windows XP Tablet PC Edition.
Hai que decir que a instalación de Activesync é compatible con todos los modelos de Tom Tom.
Unha vez descargado poderá executarse o ficheiro
Para instalar o dispositivo GPS, necesitase realizar os seguintes pasos:
A primeira vez que se conecte o dispositivo, este, será detectado polo sistema operativo e o ActiveSync amosará o seguinte:




Necesitarase, polo tanto, facer unha sincronización, tanto para un GPS como para un dispositivo móbil.
3. Carga de puntos de interese
A instalación dos puntos de interese no GPS Tom Tom poderá realizarse de dúas maneiras:
- Mediante un dispositivo móbil
- A través dunha tarxeta de memoria que soe estar incluida ou ben nunha PDA ou nun teléfono móbil.
3.1. Instalación dos POI a partir dun dispositivo móbil
Só para dispositivos GPS
1. É necesario abrir o explorador de arquivos para acceder ós ficheiros do GPS, posteriormente o usuario deberá entrar na carpeta de dispositivo móbil e posteriormente dentro da carpeta de Mounted Volume.

2. En Mounted Volume seleccionarase a carpeta de almacenamento dos mapas.

3. Posteriormente copiaranse os ficheiros de descarga de localización de puntos (os .ov2 e o .bmp) dentro da carpeta dos mapas.
Inseridos os puntos de interese na carpeta, procédese a desconexión do GPS e ó apagado do mesmo.
3.2. Instalación dos POI a partir dunha tarxeta de memoria
Esta opción poderá empregarse si se dispón dunha PDA ou dun GPS con tarxeta de memoria
1. Deberá abrirse o explorador de arquivos para acceder ós ficheiros do GPS e entrar na carpeta de Storage Card, tarxeta de almacenamento.
Abrirase a carpeta de almacenamento dos mapas

2. Copiar os ficheiros: Introduciránse os ficheiros descargados da web de Turgalicia, ficheiros .ov2 e .bmp, e se incorporarán á carpeta de almacenamento de cartografía

O derradeiro paso sería a desconexión do cable USB do GPS para posteriormente poder visualizar os POI no receptor de maneira rápida e sinxela
4. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPS Babel
4.1 Carga de puntos de interese
O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.