Carga de puntos de interese en formato GeoRSS
1. Definición de GeoRSS
GeoRSS é un conxunto de estándares para representar información xeográfica mediante el uso de capas y está construído dentro de la familia de estándares RSS.
Nos feeds GeoRSS, o contido consiste en puntos de interese xeorreferenciados e outras anotacións e as fontes deséñanse para xerar mapas.
GeoRSS pode utilizarse como un feed RSS, e visualizarse con agregador de RSS, como Google Reader, Netvibes, Bloglines, my Yahoo!, etc.
Hoxe en día xa son varios programas e aplicacións web que permiten visualizar GeoRSS. Entre elas destacar: Google Maps, Bing Maps…
2. GeoRSS en Google Maps
2.1. Definición e URL
Google Maps é un servicio de Google que ofrece tecnoloxía cartográfica potente e moi sinxela de empregar, así como información sobre empresas locais (ubicación, información de contacto e indicacións sobre como chegar).
A dirección URL do Google Maps é: http://maps.google.es/.
2.2. Incorporar GeoRSS a Google Maps
Para importar datos a google maps é necesario tener unha conta gmail. No caso de non tela esta podese crear na dirección: www.gmail.com
- Para introducir GeoRSS a Google Maps clicaráse sobre a pestana de os meus mapas:

- De seguido clicarase sobre a pestana de Introdución

- O seguinte paso será introducir a conta de gmail coa contrasinal. Introducida a conta volverá a pantalla principal de Google Maps sobre a cal xa se poderá crear un novo mapa.

- Para incorporar o ficheiro GeoRSS, este deberá ser importado. Clic na pestana de Importar para posteriormente buscar o ficheiro descargado da páxina web www.turismo.gal

- Unha vez incorporado o ficheiro GeoRSS poderá escollerse o título do novo mapa na, así como realizar unha descrición.

- Para gardar o mapa clicaráse sobre o botón de Listo, tendo en conta a opción de privacidade (compartido con aquelas persoas que teñan esa URL do mapa).

3. GeoRSS en Bing Maps
3.1. Definición e URL
Bing Maps é un servicio de mapas web para o motor de búsqueda Bing de Microsoft e que funciona con Bing Maps for Entrepise.
A URL de Bing Maps é: http://www.bing.com/maps/
3.2. Incorporar GeoRSS en Bing Maps
Para poder incorporar GeoRSS é necesario tener unha conta hotmail, a cal se pode rexistrar na páxina web: www.hotmail.com
- O primeiro paso será iniciar sesión na conta de Hotmail, para isto será necesario ir a parte superior dereita sobre iniciar sesión
- Unha vez introducida a conta de hotmail, clicaráse na parte inferior esquerda na pestaña de see your places
- Aparecerá unha nova ventá sobre a cal se debe importar o GeoRSS na pestana de Import

- Buscado o GeoRSS, este poderase visualizar na páxina web.

4. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPSBabel
O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.