A revista científica ‘Ad Limina’ premiada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño
- Turismo de Galicia edita esta publicación desde 2010 e desde 2016 conta cunha versión dixital que multiplicou o seu impacto na comunidade xacobea
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024
A revista de divulgación científica cultura Ad Limina resultou galardoada co XII Premio Internacional da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño (APECSA). O director de Administración e de Relacións coas Asociacións Amigos do Camiño, Ildefonso de la Campa, recolleu este xoves este recoñecemento no decurso dun acto no que agradeceu este premio a unha publicación que suma rigor científico, análises rigorosas e novos campos de estudo ao fenómeno Xacobeo.
Ad limina é unha revista científica editada por Turismo de Galicia, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, dirixida a un amplo espectro de investigadores sobre Santiago e a civilización da peregrinación en xeral e que, da man do Comité de Expertos do Camiño de Santiago, se publica anualmente desde 2010. A revista preséntase sempre en xullo, mes no que se celebra a Festividade do Apóstolo Santiago e o Día de Galicia, e esta presentación cadra cunha reunión plenaria do devandito comité.
Baixo a dirección de Manuel Antonio Castiñeiras González, catedrático de Historia Medieval da Universitat Autònoma de Barcelona e presidente do Comité de Expertos, a revista foi incluída durante estes últimos anos nos seguintes índices e bases de datos nacionais e internacionais.
Ademais de versión impresa tamén conta cunha dixital creada en 2016, e nestes oito anos de presenza na internet, o seu impacto multiplicouse de xeito excepcional; tendo en conta que se trata dunha revista académica tal e como reflicten os datos de descargas tanto de artigos como de volumes completos así o testemuñan. A súa presenza nestes repositorios, nacionais e internacionais, axudaron de xeito definitivo a que o seu impacto medrase moito nos últimos anos.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado