6/ago/2024

A Xunta apoia a campaña da SD Compostela para promover o Camiño a través do traballo dos ourives

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da iniciativa de Ourives de Compostela e a SD Compostela para poñer en valor os oficios de pratería e acibechería vencellados ao Camiño de Santiago, que conta co apoio de Turismo de Galicia.

A iniciativa inclúe accións como unha camiseta oficial de cor acibeche que servirá de escaparate e promoción deste oficio nos partidos que o equipo xogue fóra de Santiago e estará á venda nos puntos oficiais habituais do clube xunto cun pedazo de acibeche en bruto. Tamén ahberá unha exhibición de acibechería nalgunhas das cidades nas que o Compostela xogue durante a vindeira temporada.