A Xunta recibe na praza do Obradoiro a membros da Asociación de Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais de Torrevieja
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, recibiu onte pola tarde na praza do Obradoiro a membros da Asociación de Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais (Apanee) de Torrevieja, que completaron o Camiño de Santiago.
Esta entidade alacantina ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da igualdade de oportunidades, a promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade e apoiar ás familias para conseguir mellorar a súa calidade de vida e aos dos seus membros con discapacidade.