16/dec/2022

Os Camiños de Santiago premiados pola revista especializada Viaxar como Mellor Destino Nacional 2022

Madrid, 16 de decembro de 2022

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, asistiu á celebración dos Premios Viaxar Turismo Sustentable. Trátase dun encontro para premiar o labor de iniciativas, destinos e aloxamentos públicos ou privados do sector, que satisfán as expectativas dos viaxeiros e, ao mesmo tempo, atenden ás necesidades económicas, sociais e ambientais.

Especial relevancia tiveron os Camiños de Santiago, premiado como o Mellor Destino Nacional 2022, o que pon de manifesto una vez máis a magnitude da conmemoración desta celebración a través da internacionalidade do CAMIÑO DE SANTIAGO, así como a difusión da oferta xeral de Galicia ao redor do Ano Santo.

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, aproveitou a ocasión paira pór en valor un modelo de turismo do que o ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e agora o actual presidente Alfonso Rueda, da man de Nava Castro, directora de turismo de Galicia ocupáronse de potenciar e pór no mapa a nivel internacional dando oportunidades non só a cidades, como Santiago de Compostela, senón tamén, a pequenos pobos que fixeron do Camiño de Santiago a súa forma de vida, e sendo motor económico e turístico de moitas comarcas.