A Xunta mellora a contorna do centro de saúde de Soutomaior para uso da veciñanza e área de descanso para os peregrinos
- O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda visitou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera o acondicionamento da contorna do centro de saúde
- Alfonso Rueda indicou que este é un enclave singular do Camiño Portugués, un dos que máis está a medrar nos últimos anos en número de visitantes, de aí a importancia da obra
- O obxectivo foi mellorar a mobilidade e a seguridade na contorna do centro de saúde recuperando un espazo para os veciños, pero tamén un área de descanso para os peregrinos, así como mellorar tamén o alumeado público
Soutomaior (Pontevedra), 4 de xaneiro de 2022
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o acondicionamento da contorna do Centro de Saúde para uso da veciñanza e zona de descanso dos peregrinos do Camiño Portugués.
Alfonso Rueda explicou que obras como a levada en Soutomaior se encadran no obxectivo da Xunta de ter todo perfectamente preparado neste Xacobeo para aproveitar os recursos da nosa comunidade e facer da recuperación de Galicia un fito e un exemplo de xestión.
A obra realizada neste concello pontevedrés contou cunha axuda de 130.00 euros e ten como obxectivo mellorar a mobilidade e a seguridade na contorna do centro de saúde para recuperar un lugar de uso colectivo e encontro social, así como mellorar tamén o alumeado público. Recuperando un espazo para os veciños, pero tamén un área de descanso para os peregrinos, nun enclave singular dentro do Camiño Portugués, que é un dos que máis está a medrar nos últimos anos en número de visitantes.
Acondicionar os Camiños, elaborar protocolos para os albergues, poñer en marcha a campaña Camiña a Galicia, promocionar o Camiño e Galicia como destino seguro e activar o seguro coronavirus foron algunhas das medidas postas en marcha que deron tan bo resultado como así o confirman os datos.
“Fomos a CCAA na que mellor se recuperou o turismo, no verán chegamos a cifras similares ás da prepandemia, o Camiño recuperouse por riba do previsto, case con 180.000 peregrinos no 2021 e a agora, cos deberes feitos, agardamos recuperar este ano o turismo internacional”, precisou Alfonso Rueda.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata