29/xan/2021

Actualización do estado das medidas sanitarias perante a COVID na Comunidade Autónoma de Galicia e estado dos albergues públicos

1. MEDIDAS SANITARIAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E O SEU EFECTO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO.

Após a publicación do DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.pdf , o seu efecto sobre o Camiño de Santiago céntrase en:

1. Limitación ás entradas e saídas de persoas do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, procedentes doutro territorio do Estado español ou de países do estranxeiro, agás as excepcións recollidas neste decreto, dende as 00.00 horas do día 27 de xaneiro até as 00.00 horas do día 17 de febreiro.

2. Limitacións á entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, agás as excepcións recollidas neste decreto, con efecto dende as 00.00 horas do día 27 de xaneiro até as 00.00 horas do día 17 de febreiro.

3. Peche da rede pública de albergues de peregrinos dende as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 até as 00.00 horas do día 17 de febreiro.

2. SITUACIÓN SANITARIA DOS CONCELLOS DE GALICIA.

No seguinte enlace da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, pódese acceder á información, en permanente actualización, sobre a situación pandémica e medidas anti-covid nos concellos de Galicia:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restriccions-concellos?idioma=es


3. SITUACIÓN DOS ALBERGUES DE PEREGRINOS DA REDE PÚBLICA DA XUNTA DE GALICIA.

1. Como se sinala no punto 1, a rede pública de albergues de peregrinos permanecerá pechada dende as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 até as 00.00 horas do día 17 de febreiro.

4. APPS COVID

4.1 RADAR COVID

Radar COVID é a aplicación deseñada polo Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19). Radar COVID avisa de maneira anónima do posible contacto que puideres ter cunha persoa infectada nos últimos 14 días e, no caso de ese contacto se producir, facilita a comunicación coa sanidade pública.

4.2 PassCOVID.gal

PassCOVID.gal é a aplicación deseñada pola Xunta de Galicia par axudar a coidarnos da COVID-19. PassCovid complementa RadarCovid e permite consultar información de interese, recibir avisos se estiveches nun establecemento de risco por concentración de contaxios e, se fuches diagnosticada/o de COVID-19, podes comunicar aos teus contactos directos os lugares onde estiveches e consultar o teu código de Radar COVID.

Permite consultar o estado actualizado das restricións existentes nos distintos concellos de Galicia.

Permite recibir avisos importantes de maneira inmediata, consultar as recomendacións e informarse sobre a situación actual da pandemia en Galicia.

5. PROGRAMA: “CAMIÑO SEGURO” E MATERIAIS DESCARGABLES.

A Xunta de Galicia puxo a funcionar o programa Camiño Seguro, unha iniciativa coa que se fomenta unha peregrinación adaptada á actual situación sanitaria por medio dun protocolo integral de actuación nos itinerarios xacobeos en Galicia.

Ao abeiro deste programa establécense unha serie de medidas tanto para os peregrinos ben como para os profesionais, entidades xestoras ou voluntarios que traballan na Ruta Xacobea.

Pódense consultar os protocolos, plans e materiais de apoio nos seguintes enlaces:

1. Información para profesionais e entidades xestoras:
https://www.caminodesantiago.gal/es/caminoseguro/profesionales

2. Información para peregrinos:
https://www.caminodesantiago.gal/es/caminoseguro/peregrinos