A Xunta aposta por seguir promovendo os valores espirituais do Camiño de Santiago cara o próximo Xacobeo
- O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do VIII Congreso internacional da Fundación Acollida Cristina nos Camiños de Santiago
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por seguir promovendo os valores espirituais do Camiño de Santiago cara a celebración do próximo Xacobeo.
Neste sentido, puxo en valor que o Camiño ofrece cultura, patrimonio, paisaxe e hospitalidade; ademais dunha meta espiritual para moitas persoas que o percorren. Por iso, agradeceu o traballo dos voluntarios e hospitaleiros que seguen difundindo estes valores.
Alfonso Rueda recordou na súa intervención que Galicia é un destino seguro, como amosa a mellor resistencia do sector turístico durante este verán, e que a Xunta segue apostando polo Xacobeo que se celebrará o próximo ano como motor de recuperación do sector turístico e económico.
Outras novas
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés