A Xunta impulsa a celebración do torneo de baloncesto Xacobeo 2021 mediante a convocatoria de proxectos O teu Xacobeo
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2019
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe en Santiago na entrega de trofeos do Torneo Xacobeo 2021, unha competición entre o Obradoiro CAB e o FC Barcelona Baloncesto. Este partido encádrase nunha iniciativa posta en marcha polo equipo compostelán co obxectivo de potenciar os valores do Camiño de Santiago a través dunha actividade saudable e deportiva.
O torneo, celebrado no Multiusos Fontes do Sar, forma parte de O teu Xacobeo, a convocatoria de proxectos posta en marcha polo Goberno autonómico dotada con 4,7 millóns de euros que permite fomentar aspectos sociais, culturais, deportivos, patrimoniais e gastronómicos con fin de implicar á sociedade no impulso e programación do vindeiro Ano Santo.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado