Turismo de Galicia convoca os Premios Camiño de Santiago 2016 cunha achega de 75.000 euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se convocan os Premios Camiño de Santiago 2016 e se aproban as bases reguladoras para a concesión destes, para os cales Turismo de Galicia achega un total de 75.000 euros.
Estes galardóns promoven a excelencia na atención ao peregrino e a axeitada xestión dos recursos ligados ao Camiño de Santiago mediante a distinción daquelas iniciativas públicas e privadas que se desenvolvan en Galicia e se destinen a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas xacobeas; a crear novos servizos para os peregrinos ou innovar e mellorar os existentes; e a divulgar e promover o Camiño de Santiago, a cultura xacobea, o seu patrimonio e a súa conservación.
Poderán participar concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades de concellos, consorcios locais e áreas metropolitanas ou outras entidades locais de Galicia polos que discorra algunha ruta do Camiño de Santiago.
Concederanse un total de 8 distincións entre as catro categorías convocadas. En primeira, segunda e terceira categoría establécese, para cada unha delas, un primeiro premio de 15.000 euros e un segundo de 5.000. Na cuarta categoría, achéganse 10.000 euros para a modalidade de investigación e 5.000 para traballos en centros educativos de primaria e secundaria.
O prazo de presentación de candidaturas para a segunda edición destes premios de Turismo de Galicia é dun mes contado a partir de mañá -día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG-.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado