13/abr/2016

Cultura no Camiño 2016

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia organizan o programa CULTURA NO CAMIÑO, que desenvolve a súa cuarta edición do 16 de abril ao 30 de setembro. Ademais de co patrocinio de Gadis, esta iniciativa conta coa implicación de 99 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da cal a nosa produción escénica e musical sae ao encontro dos espectadores galegos, dos peregrinos e de todos cantos nos visitan nestas datas.

Un total de 369 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 149 formacións artísticas galegas configuran esta axenda.

* Programa completo