Firma dun protocolo de colaboración entre os Camiños de San Francisco e o Camiño de Santiago
A Asociación Cammini di San Francesco e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo asinaron en Rieti (Italia) un protocolo de colaboración. Con este acordo os dous organismos comprometéronse a favorecer o estudo e a investigación sobre a relación existente entre as figuras relixiosas de Santiago o Maior e San Francisco de Asis. A Asociación Cammini di Francesco, está a promover o recoñecemento europeo do Camiño dedicado ao Santo Poverello e presentará en outubro o estudo do itinerario italiano San Leo-Roma, no cal está a traballar Marco Batoli, docente da Lumsa e experto do franciscanismo.
O Protocolo foi asinado por Giorgio Piccirillo, presidente dos Cammini di Francesco e Rafael Sanchez, director da S.A. de Xestión do Plan Xacoeo (Xunta de Galicia).
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado