A Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón está organizando unha peregrinación Santiago – Padrón para o próximo día 5 de xullo
A Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón está organizando unha peregrinación desde Santiago de Compostela a Padrón, para o próximo día 5 de xullo. A súa intención é lograr a recuperación e o recoñecemento oficial deste antigo camiño que moitos peregrinos, nesta dirección, percorreron ao longo da historia. Os camiñantes, tras visitar a tumba apostólica en Compostela, continuaban viaxe a Padrón para coñecer a orixe da tradición xacobea, como demostran os seus variados testemuños. Dispoñemos, neste sentido, dun rigoroso informe realizado polo prestixioso investigador do Camiño de Santiago, José Antonio de la Riera Autrán.
Este trazado histórico correspóndese, en sentido inverso, coa última etapa do Camiño Portugués a Santiago que une Padrón con Compostela.
A saída desde a catedral de Santiago será cara ás 10,00 horas da mañá e chegarase a Padrón a media tarde. No traxecto servirase comida e bebida de forma gratuíta. Tamén, sen custo ningún para os participantes, haberá autobuses a primeira hora da mañá desde Padrón a Santiago. Concluída a peregrinación, os participantes gozarán, se o desexan, de todos os atractivos xacobeos e culturais de Padrón e dunha variada oferta gastronómica.
+info e inscripción: irmandade.fillos.amigos.padron@hotmail.com
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas